Páginas

miércoles, 29 de abril de 2020

Formación Profesional

La formación profesional es una opción de estudios perfectamente válida y útil para el futuro laboral, con especializaciones cada vez más demandadas en el mercado. Os animo a que le echéis un ojo a los siguientes vídeos en el canal de youtube: "descubre la FP"



TÍTULO
A formación profesional ordénase en 26 familias profesionais –grupo de ocupacións– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva.
Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulo profesionais de formación teórica e práctica.
Os ciclos formativos poden ser de grao básico, de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é variable, cun máximo de dous cursos académicos.
Os estudos de formación profesional inicial teñen tanto valor académico como valor profesional.
MODALIDADES
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo– ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.
A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.
Para realizar a matricula no réxime de persoas adultas é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que se inicien os estudos.
OFERTA DE FP
Toda a oferta en Galicia: http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp
A obtención do título profesional básico e dos títulos de técnico ou técnico superior, permite a incorporación da persoa ao mercado laboral.
O título profesional básico, ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos de FP Básica sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser executada de xeito autónomo e que pode levar consigo a asunción de responsabilidades dentro dunha organización produtiva.
Nos currículos de cada ciclo formativo descríbese o contorno profesional onde a persoa titulada pode exercer o seu labor, ademais de indicarse as ocupacións e os postos de traballo máis salientables para exercer a súa profesión.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realiza, periodicamente, estudos de inserción laboral.
Na seguinte ligazón pódense atopar os resultados dos últimos estudos realizados.

ACCESO A GRADO MEDIO E GRADO SUPERIOR
Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

HABILITACIÓNS PROFESIONAIS
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca as probas encamiñadas á obtención dos carnés profesionais e habilitacións profesionais que acreditan ter os coñecementos teórico-prácticos necesarios para o exercicio de certas actividades no ámbito da seguridade industrial. 

PROBAS LIBRES
As probas libres están organizadas pola Administración educativa co obxectivo de favorecer a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

CALENDARIO DE ACCESO Y ADMISIÓN A FPBÁSICA

  CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN: Presentación de solicitudes: Do 1 ao 11 de setembro de 2020 ata as 13´00h. No mesmo prazo (1-11) deberase...