Páginas

viernes, 24 de abril de 2020

Formación Profesional Básica

Bienvenid@s a la tutoría online:



¿Que é?

A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais. Responde a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

¿Canto dura?

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

¿Que título se obtén?

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

¿É coma o título da ESO?

Segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, os alumnos que obteñan un título de formación profesional básica poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriron as competencias correspondentes.
O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. 
¿Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?  
Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

¿ Que documentación preciso?

(Pide os anexos no teu centro de orixe)
  • Anexo I: Impreso de solicitude asinado polo solicitante ou polos titores legais no caso de ser menor de idade. 
  • Anexo II: Consello orientador asinado polo titor, orientador e Director do centro de orixe. 
  • Anexo III: Consentimento asinado polo pai/ nai / titor/a legal do alumno para cursar estas ensinanzas (este anexo entrégase no centro de orixe). 
  • Anexo IV: Comunicación de incorporación á FP Básica de que foi proposto polo equipo docente, asinada polo Director do centro de orixe.
  • Certificado de discapacidade (se procede).
  • Copia DNI ou NIE, en caso de non dar consentimento para comprobación de datos.

¿Cales son os prazos?

Os prazos publícanse normalmente a finais de agosto. Para facerte unha idea, podes ver cales foron os do curso pasado.

PERFILES PROFESIONAIS QUE SE OFERTAN 

Aquí tes todos en detalle: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8491


Administración e xestión

Agraria

Artes gráficas
CBARG01 - Artes gráficas

Comercio e márketing
CBCOM01 - Servizos comerciais

Electricidade e electrónica

Edificación e obra civil

Fabricación mecánica

Hostalaría e turismo

Informática e comunicacións

Instalación e mantemento

Imaxe persoal

Industrias alimentarias

Madeira, moble e cortiza

Marítimo-pesqueira

Servizos socioculturais e á comunidade

Téxtil, confección e pel

Transporte e mantemento de vehículos

Vidro e cerámica
CBVIC01 - Vidraría e olaría

Máis información na plataforma educamos (escribídeme un mail) e na páxina da xunta http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica#un

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

CALENDARIO DE ACCESO Y ADMISIÓN A FPBÁSICA

  CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN: Presentación de solicitudes: Do 1 ao 11 de setembro de 2020 ata as 13´00h. No mesmo prazo (1-11) deberase...